- Entrevista | Marcos Saavedra Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
O mundo 'maker', mobilizado para fabricar proteccións contra o virus: "Atopamos unha demanda e pensamos como solucionala"
Hai dúas semanas botou a andar en Galicia Cooperavirus, unha plataforma que pon en contacto as demandas de materiais de hospitais e administracións coas persoas que poden fabricalas, nas súas casas ou en pequenas industrias. Distribuíron xa 10.000 máscaras, 17.000 batas ou 100 válvulas para respiradores.