Coronavirus
- Entrevista | Vellez Digna Coronavirus
- Acontece
"Cando deixas o benestar dos maiores en mans de empresas ás que só lles importa gañar cartos, pasa o que pasa"
Hai máis de 400 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores galegas, nas que xa se rexistraron 17 falecementos. Usuarios e traballadores alertan da que a falta de medios e persoal facilitou os contaxios, denuncian que as carencias se manteñen e critican a falta de control por parte da Xunta, que este luns decidiu intervir dous centros da empresa DomusVi en Vigo e Cangas.
O pequeno comercio prepárase para unha caída do consumo tras o confinamento e apela á conciencia cidadá
Os negocios de alimentación locais notan unha baixada na facturación porque os consumidores optan por supermercados e grandes superficies
- Datos Coronavirus
- Acontece
9 gráficos para coñecer a evolución da epidemia e a situación dos hospitais en Galicia
O número de casos activos segue incrementándose en Galicia, a diferenza do que sucede, aparentemente, no conxunto do Estado. Porén, o número de novos ingresos hospitalarios reduciuse nos últimos días. Ademais, o noso país é polo momento o territorio cunha menor taxa de mortalidade, falecementos sobre o total de positivos
A oposición galega pon o foco na importancia dos servizos públicos para afrontar o coronavirus e pide reforzar o Sergas
O PSdeG defende que o estado do benestar é “unha garantía”, o BNG reclama máis materiais de protección para quen está “en primeira liña” e Galicia en Común-Anova Mareas pide “non deixar a ninguén atrás” como aconteceu depois da crise de 2008
Lonxevidade vs Eurobonos
Xurxo Borrazás
Os exames de selectividade tras o coronavirus quedan fixados do 7 ao 9 de xullo en Galicia
O Ministerio de Educación establecera que todas as comunidades autónomas debían realizar os exames antes do 10 de xullo. Xunta e CiUG, na que están representadas as tres universidades galegas, decidiron aproveitar ao máximo o límite fixado para a realización das probas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de coronavirus detectados en Galicia repuntan mentres baixa o ritmo de hospitalizacións
En termos absolutos, o número de casos detectados rexistra o maior incremento nun día ata 3.476; non obstante, o ritmo de aumento é semellante ao dalgunhas xornadas previas. O Sergas rexistra xa 79 falecementos ligados á covid-19, 18 máis que o día anterior
Librarías, editoriais, audiovisual e profesionais da cultura reclaman o apoio da Xunta ante o bloqueo total da actividade
Unha vintena de entidades do mundo da cultura elaboran propostas e demandan medidas que axuden o sector a sobrevivir á crise provocada polo coronavirus. O sector da cultura representa o 2% do PIB galego
Goberno central e Xunta controlan as existencias e venda de dous medicamentos contra o coronavirus
As farmacias só poderán repoñer a cantidade que vaian vendendo de medicinas que son tamén empregadas para outras enfermidades crónicas
O Goberno central prohibe todos os velorios e restrinxe as medidas funerarias ditadas hai catro días pola Xunta
Fronte ás 20 persoas que autorizaba o Goberno galego nas comitivas de despedida, o Ministerio de Sanidade permite un máximo de tres e prohibe que as empresas cobren máis
- Documento Coronavirus
- Economía
Vinte e cinco actividades "esenciais" fican fóra do peche reforzado de empresas para frear o coronavirus
Durante as primeiras 24 horas, o decreto permite as "tarefas imprescindibles" para paralizar a actividade nas empresas que así o requiran e non poidan cesar "de modo inmediato" a súa actividade