
Coronavirus
A pandemia há-de passar, e depois?
Luís Braga da CruzO Estado impide despidos polo coronavirus e obriga a manter os contratos temporais ata a fin da crise sanitaria
A Inspección de Traballo revisará os ERTE e, se hai incumprimentos, o empresario será sancionado e deberá devolver as contías percibidas
Sentenciado a cen días de cárcere un veciño de Vilagarcía que incumpriu o confinamento polo coronavirus
O home xa fora sancionado tres veces durante o estado de alarma, este xoves volveu saír á rúa sen motivo e este venres enfrontouse a un xuízo rápido no que a condena foille condicionada a que non delinca novamente en tres anos
- Crónica Coronavirus
- Política
O que debateu o Parlamento galego sobre a cesión de material sanitario a Madrid
O xeito en que o PP divulgou un extracto do debate sobre o coronavirus na Deputación Permanente da Cámara incomoda ás forzas da esquerda galega: "Ninguén da oposición cuestionou a solidariedade con outros lugares como Madrid"
A Xunta di que só a metade do alumnado de secundaria se conecta ás aulas dixitais durante o peche polo virus
As familias ás que a Xunta pagaba o comedor escolar e queiran seguir recibindo esa axuda na casa deben pedilo ata o 6 de abril na sede electrónica
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos de coronavirus detectados en Galicia superan os 2.000 e modérase o incremento de hospitalizacións
Os positivos detectados e aínda activos son xa 2.211 e as altas por recuperación pasan de 47 a 67; as persoas falecidas ascenden a 44
Alemaña e Holanda bloquean a axuda da UE contra o coronavirus e indignan a España, Italia e Portugal
Alemaña e Holanda lideran o bloqueo ás propostas máis ambiciosas e limítanse a ofrecer préstamos con condicións de rescate, ao xeito da crise financeira de hai unha década. O portugués António Costa ve "repugnante" a proposta holandesa de investigar a España e Italia por non teren capacidade económica de seu para afrontaren as consecuencias da pandemia
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Os festivais de música galegos resístense a cancelaren polo virus, unha "ameaza de morte" para o sector
O Resurrection Fest e O Son do Camiño manteñen os plans polo momento. Outros eventos previstos para marzo ou abril, como o Esmorga ou o Melona Fest, comezan a ollar máis alá de setembro para manter a convocatoria
As mascarillas onde deben estar (II)
Diego González PeñaFeijóo defende que a xestión da Xunta ante o virus causa "admiración" e a esquerda pide medidas para o día despois
O presidente da Xunta reitera no Parlamento que o seu Goberno afrontou a crise sanitaria con "anticipación" e cifra en 358 profesionais o persoal incorporado ao Sergas para afrontar a covid-19. Os grupos da oposición lembran os recortes sanitarios aplicados durante a anterior crise económica e reclaman preparar medidas para paliar os efectos da pandemia cando comece a remitir
A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño"
Isabel Celaá afirmou este xoves que a partir do 11 de abril "avaliaremos a situación para ver se podemos asegurar unha volta aos colexios en maio". Descarta dar o curso por finalizado e di ter "absoluta confianza" en regresar ás clases presenciais "aínda que sexan 15 ou 20 días para facer un repaso xeral"