Coronavirus
Gonzalo Caballero apoia a paralización da actividade fronte á "irresponsabilidade" dalgúns partidos
O líder do PSdeG cre que o Executivo central "practica un exercicio de responsabilidade" fronte a formacións que buscan o seu derrubamento.
O Concello de Lugo achega 600 euros por traballador a pequenas empresas que non fagan ERTE polo coronavirus
O programa de axudas 'Reanima Lugo' diríxese especialmente a empresas que tivesen que pechar por mor do estado de alarma e persoas autónomas que perdesen ata un 75% da súa facturación
Galicia en Común advirte de que un posible colapso nos hospitais será "consecuencia dos recortes de Feijóo"
A formación esixe á Xunta esixen “a utilización de todos os recursos sanitarios privados e públicos que garanten as medidas de hixiene e salubridade antes de enviar as persoas doentes a hospitais de campaña”.
Persoal público de áreas non implicadas no dispositivo contra o coronavirus pode presentarse "voluntario" para reforzalo
O Real Decreto das axudas do Goberno central para paliar as consecuencias do virus prevé que o persoal público que o "solicite" poida "apoiar áreas e actividades distintas das do seu posto de traballo" do dispositivo contra o virus
O BNG propón 2.000 euros de axuda directa para os autónomos e suprimir as cotas tres meses polo virus
"A ingresos cero, cotizacións cero", di Ana Pontón, que propón tamén a eliminación do pagamento do alugueiro ou da hipoteca durante o período non traballado por este colectivo.
O Goberno portugués descarta illar a cidade do Porto, a zona do país con máis casos de coronavirus
O luns a directora xeral de Saúde apuntou a posibilidade de impoñer un "cerco sanitario" ao redor da urbe, unha medida que xerou grandes críticas na área metropolitana portuense e que foi desmentida ao día seguinte.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus en Galicia superan os 4.000 cun cento de mortes mentres baixa a hospitalización
O Sergas contabiliza 4.058 casos activos e 115 falecementos, pero tamén un incremento das altas ata as 259. O número total de persoas hospitalizadas descende por primeira vez e segue baixando o ritmo de entrada en UCI
- Entrevista | Marcos Saavedra Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
O mundo 'maker', mobilizado para fabricar proteccións contra o virus: "Atopamos unha demanda e pensamos como solucionala"
Hai dúas semanas botou a andar en Galicia Cooperavirus, unha plataforma que pon en contacto as demandas de materiais de hospitais e administracións coas persoas que poden fabricalas, nas súas casas ou en pequenas industrias. Distribuíron xa 10.000 máscaras, 17.000 batas ou 100 válvulas para respiradores.
Os prazos e os requisitos para acceder ás axudas para autónomos polo coronavirus
Á espera dunha nova orde que aclare aínda máis as condicións para acollerse ás medidas, o decreto publicado no BOE detalla o rescate impulsado polo Goberno central para este colectivo.
De novo a feira prohibida
Jesús Otero PereirasA declaración da renda, co 70% a devolver, xa se pode presentar e os técnicos piden ampliar o límite do 30 de xuño polo virus
Facenda xustifica o inicio da campaña malia o coronavirus salientando que o venres comezarán a pagarse as devolucións e que o 90% se presentan por internet