
A parella de Ayuso mediou cunha empresa que vendeu 9,8 millóns en material COVID á Xunta no inicio da pandemia
Segundo as informacións divulgadas, González Amador actuou como intermediario para a catalá FCS Select Products, que lle pagou case 2 millóns polas vendas de material COVID negociadas coa galega Mape Asesores. A clave da suposta fraude reside na presunta vontade do comisionista por ocultar eses ingresos a Facenda. Mape foi o principal provedor de máscaras e batas para o Sergas nos primeiros meses da pandemia, con compras de 8,8 e un millón de unidades, respectivamente, que sumaron uns 7 millóns de euros