- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O ensino rematou a semana con 579 casos activos de COVID e unha escola infantil pechada
Hai 32 aulas pechadas e as cifras amosan unha estabilidade da pandemia similar á do global da sociedade galega
Hai 32 aulas pechadas e as cifras amosan unha estabilidade da pandemia similar á do global da sociedade galega
O Sergas comunica dous novos falecementos, o que suma 2.401 desde o comezo da pandemia, e 177 novos casos da enfermidade
A metade das doses da vacina administradas en Galicia dende decembro puxéronse no último mes. O 44% da poboación adulta recibiu cando menos unha dose, avanzando esta semana no grupo entre 50 e 59 anos. O grupo de idade con máis positivos detectados por habitante é o de 10-19 anos, seguindo do de 30-39. Porén, o número de hospitalizacións e mortes reduciuse moito.
Agustín Montes, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, destaca que "mentres non estea vacinada toda a poboación mundial, non estaremos libres da COVID-19" e alerta do risco que a expansión da enfermidade na India e outros países supón para a aparición de variantes resistentes ás vacinas.
Entidades de todo o Estado, entre elas catro asociacións galegas, veñen de constituír unha plataforma que se presenta cun ‘Manifesto pola Dignidade' e un decálogo de medidas para avanzar cara a un novo modelo de residencias que mellore a calidade de vida nestas instalacións despois da "hecatombe humanitaria" sufrida nos últimos meses
Galicia está por baixo dos 100 novos casos novos da COVID-19 por cada cen mil habitantes a 14 días dende principios de marzo. O Sergas suma 145 casos novos e leva notificadas 6 mortes de persoas coa COVID no que vai de mes de maio
O Tribunal advirte á Xunta "sobre a escaseza de datos que ofrece" para xustificar as medidas, que deben "sustentarse en datos facilitados por comités clínicos". O Sergas notifica 223 casos novos do coronavirus nun contexto de tendencias estables, malia lixeiros ascensos puntuais
Galicia rexistra uns 92 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días e practicamente a metade a 7 días, o que é sinal de estabilidade ou estancamento da situación epidemiolóxica. O Sergas suma 121 casos novos, unha cifra moi semellante á de hai sete días, e as persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus baixan das 200
Nos últimos sete días con datos completos, o Sergas rexistrou unha media diaria de 174 novos casos. Unha semana antes eran uns 179 e hai dúas, en torno a 190. A hospitalización segue estancada en torno ás 200 persoas tras unha semana con menos dunha morte ao día de persoas co coronavirus
Un novo falecemento eleva a 2.394 as mortes desde o comezo da pandemia mentres que nos hospitais a ocupación volve medrar lixeiramente ata as 202 persoas ingresadas
No remate do primeiro estado de alarma había só 8 persoas hospitalizadas con COVID en Galicia, fronte ás case 200 da actualidade
Como no global da sociedade, a estabilidade é a nota dominante nos centros educativos, con 37 aulas pechadas