As restricións suavízanse na área sanitaria de Ferrol, mentres só Soutomaior fica no nivel máximo de alerta
A poboación dos concellos ferrolterráns recupera a mobilidade pola maior parte de Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra son as únicas que continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Fóra delas, tamén se atopan nesta situación Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.