A alcaldesa de Boimorto di que tanto ela como o resto de persoas da residencia foron vacinadas sen asinar ningún consentimento
María Jesús Novo, xa fóra do PP pero apoiada por este, fai responsable ao Sergas da súa vacinación
María Jesús Novo, xa fóra do PP pero apoiada por este, fai responsable ao Sergas da súa vacinación
A mellora da situación é moito máis rápida que no resto da sociedade. Os casos activos nas residencias supoñen o 1,45% do total, fronte ao 4% que representaban en xaneiro ou o 7% de novembro. O efecto tamén se deixa notar no número de defuncións, 4 na última semana, fronte ás 108 de xaneiro.
No inicio da segunda desescalada a cifra de camas ocupadas por persoas enfermas de Covid-19 roldaba as 350, hoxe son aínda 564. Con todo, as boas novas son que o número de novos positivos é a máis baixa dende o outono e que a positividade está no 3,5%. Nas residencias rexistráronse unicamente cinco novos casos na última semana.
O 'Plan de hostalaría segura' establece a implantación desde o 5 de marzo dun código QR nos establecementos para axudar no rastrexo en caso de positivos, pero o Goberno galego non confirma aínda se será obrigatorio.
Nas áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra, a veciñanza só poderá desprazarse a outros concellos no seu mesmo nivel de incidencia e da súa mesma área sanitaria. Nas de Santiago, Vigo, Ourense e Lugo, a mobilidade entre municipios estará condicionada á incidencia e non aos límites da área sanitaria. Resumimos o avanzado polo Goberno galego a respecto das novas limitacións e os concellos afectados, que non coinciden cos avanzados por Feijóo
As 586 hospitalizacións que reflicten os últimos datos do Sergas son unhas 250 máis que antes do Nadal e os 121 ingresos en UCI, o dobre que nos días previos ás festas. O Sergas rexistra unha media duns 260 diagnósticos diarios mediante PCR na última semana, cifra semellante á de antes da segunda vaga. Xa morreron en Galicia máis de 2.200 persoas que contraeran a doenza
A nova redacción da Lei de Saúde establece unha morea de medidas sancionadoras que deberán ser tramitadas polos concellos e sementa serias dúbidas sobre o seu encaixe legal.
A pesar do descenso das cifras de incidencia e positividade, o número de camas ocupadas nas UCI (133) aínda duplica o nivel que se rexistraba en decembro (entre 50 e 60) e o mesmo sucede no conxunto de unidades: 634 camas ocupadas, fronte ás 300 ou 350 dos días previos ao Nadal
A mobilidade foi maior en Ourense e na Coruña e máis reducida en Lugo e Pontevedra. Os datos de mobilidade obtidos polo INE a partir do posicionamento dos teléfonos amosan que os desprazamentos a outros concellos foron máis frecuentes en Galicia que no resto do Estado entre abril e setembro, pero inferiores en novembro e decembro.
A Xunta prevé que todo o profesorado menor de 55 anos reciba a primeira dose antes de final de marzo, vacinacións que comezan este mércores e que se realizarán nos hospitais. O sindicato denuncia que nas probas realizadas en varias cidades este luns e martes houbo longas esperas e erros no envío de SMS.
Galicia rexistra unha media de 285 diagnósticos novos por PCR ao día na última semana, un nivel semellante ao previo ao Nadal e tamén ao do final da segunda vaga. As persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus son aínda unhas 300 máis que antes das festas