![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/cribado-no-carballino-5ee4770.jpeg)
- Datos Coronavirus
- Acontece
Mellor, pero aínda non o suficiente: a maior parte de Galicia segue a ter máis positivos de COVID que antes do Nadal
Tan só 48 concellos teñen hoxe menos casos de Covid-19 que antes do Nadal. Pola contra, 189 localidades (nas que viven 2,2 millóns de persoas) presentan unha incidencia superior á daquelas datas. As autoridades sanitarias advirten de que é necesario reducir máis a incidencia antes de suavizar as restricións.