A Xunta endurece as restricións en Santiago, A Coruña e Ourense, limitando ás 18 horas a apertura da hostalaría
As novas medidas afectan tamén a varios concellos da contorna das tres cidades: Ames e Teo, Arteixo, Culleredo e Cambre, e mais Barbadás. Ourense pasa a ter peche perimetral. A Consellaría de Sanidade non impón novas medidas no resto do país, pero recomenda realizar un "autoconfinamento preventivo", limitanto ao máximo a mobilidade e as interaccións sociais.