![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/061-2-afc07ce.jpeg)
Persoal das ambulancias do 061 pide tests e máis seguridade contra a COVID ante o "abandono" do Sergas
A aparición de dous positivos volve erguer as protestas pola inexistencia dun cribado entre os traballadores desde hai meses malia seren a "primeira trincheira" contra o coronavirus. Profesionais culpan das eivas á privatización dun servizo sanitario básico.