Pechados pubs e discotecas polo incremento de contaxios do coronavirus
Ministerio de Sanidade e comunidades autónomas acordan "limitar ao máximo" as saídas das persoas que viven en residencias de maiores e impón as PCR obrigatorias para todo o persoal que se incorpora a elas, o que ata agora non se aplicaba en Galicia. O permiso de quitar a máscara para fumar só con distancia de seguridade esténdese a todo o Estado e bares e restaurantes terán que pechar á unha da madrugada