Crise de prezos
- Entrevista | J. Carlos García (Fegatramer) Crise de prezos
- Economía
"A suba do gasóleo non é só un problema do transporte, senón de todos os sectores. Necesitamos medidas de fondo"
Jose Carlos García Cumplido é o secretario xeral de Fegatramer, a organización máis importante do transporte en Galicia. Rexeita o paro indefinido e pide "quitar os piquetes das estradas", pero reclama accións decididas para que o aumento dos custos de combustible non impida seguir producindo "de forma competitiva" a todos os sectores
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos combustibles é agora en Galicia ata un 50% superior que antes da pandemia
O prezo medio dun litro de gasolina en Galicia é agora uns 50 céntimos máis caro que hai un ano e os impostos que a gravan son os mesmos. Case seis de cada dez euros do imposto de hidrocarburos financian servizos públicos das comunidades autónomas, titulares de competencias como sanidade, educación e servizos sociais. A Xunta ten previsto ingresar por este concepto en 2022 case 600 millóns de euros
O heteroxéneo paro no transporte recrúa: das peticións de axuda á esixencia de dimisión de Sánchez con raíces en Galicia
A organización convocante ten a súa sede social nunha área de servizo de Baamonde e existe dende hai máis dunha década, pero foi case descoñecida para a opinión pública ata hai semanas, agora baixo a denominación Plataforma Nacional. Co paso dos días, a mobilización reborda os marcos da plataforma no contexto de alza xeral dos prezos e o seu impacto multiplícase co bloqueo de diversos sectores económicos
O agravamento da alza de prezos e o bloqueo do transporte conducen o campo galego ao "peor momento da historia"
As consecuencias da guerra na Ucraína engaden máis dificultades a un sector que reclama solucións urxentes á protesta do transporte e o cumprimento da lei da cadea alimentaria. Falamos cun gandeiro sobre o día a día na súa explotación e mais con Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego) e Roberto García (Unións Agrarias)
O artigo clave da lei da cadea alimentaria que o sector agrogandeiro esixe cumprir: prohibido vender a perdas
"Cada operador deberá pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo de produción", di a lei, aprobada definitivamente polo Congreso a finais de 2021. A responsable do cumprimento da lei é a Xunta para negocios no interior de Galicia e o Estado se as partes do contrato están en comunidades autónomas diferentes
A Xunta secunda en Madrid a manifestación que liga a reivindicación de prezos xustos para o campo coa defensa da caza
A manifestación chegou tras meses co sector agrogandeiro abafado polas subas dos custos de produción e nela mesturáronse organizacións e reivindicacións moi dispares, dende o cumprimento da xa vixente lei da cadea alimentaria para evitar a venda a perdas ata a defensa de cazadores e toureiros
O paro nos transportes xa bloquea sectores clave da economía galega e o Goberno central vincúlao coa extrema dereita
A mobilización paraliza importantes empresas e sectores no quinto día da protesta impulsada por unha plataforma minoritaria pero á que se unen moitos transportistas autónomos.
Lonxas a medio gas, temor no sector gandeiro e desabastecemento nalgún produto fresco polo paro do transporte
O paro convocado por unha plataforma minoritaria non impide que afecte xa á distribución de peixe, froitas ou hortalizas e que preocupe nas explotacións gandeiras pola falta de penso para os animais ou a paralización da industria láctea.
BNG e PSdeG propoñen senllos plans para paliar as subas de prezos e lamentan que Feijóo se centre na súa xira polo PP
Axudas directas ao sector agrogandeiro e a profesionais autónomos, rebaixas tributarias ou reforzar prestacións como a Risga, entre as accións que reclaman os grupos da oposición galega
O prezo da bombona de butano volve subir o máximo permitido e xa roza os 19 euros
O importe sitúase nos 18,63 euros, cinco máis que hai un ano e o seu máximo histórico. Milleiros de fogares vense afectados polo incremento en Galicia, unha das comunidades onde máis gas butano se usa aínda.
O gas que dispara o prezo da luz é a quinta parte da enerxía da que dispón Galicia e xera o 14% da electricidade
A invasión rusa de Ucraína dispara os prezos do gas natural, que impacta no recibo da luz e incrementou o seu peso no balance enerxético galego nos últimos anos malia que a electricidade que xera no país é minoritaria.