
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos combustibles é agora en Galicia ata un 50% superior que antes da pandemia
O prezo medio dun litro de gasolina en Galicia é agora uns 50 céntimos máis caro que hai un ano e os impostos que a gravan son os mesmos. Case seis de cada dez euros do imposto de hidrocarburos financian servizos públicos das comunidades autónomas, titulares de competencias como sanidade, educación e servizos sociais. A Xunta ten previsto ingresar por este concepto en 2022 case 600 millóns de euros