A Xunta tería que sextuplicar o orzamento de vivenda pública para igualar o que 'herdou' de PSdeG e BNG
A Xunta dedicou 12 millóns en 2024 a construír vivenda pública. En 2009 foran 52 que, ao aplicarmos a inflación acumulada, chegarían a 69. A promesa de Rueda para "triplicar o orzamento destinado a solo residencial e á construción de vivendas públicas ata chegar a 126 millóns de euros" semella que chegará pola vía do solo. O total do capítulo quedará así por riba do previsto polo Goberno de coalición en 2009, pero con menos peso da vivenda de promoción pública