A liña 'antiocupacións' pagada pola Xunta recibe tres consultas nun ano
O 97% das 109 solicitudes de información recibidas polo Consello da Avogacía en 2024 ao abeiro do convenio pagado por Vivenda estiveron ligadas a desafiuzamentos, problemas co alugueiro ou axudas neste ámbito. Tras publicar que o servizo recibira 109 peticións de información, a Consellería accede a especificar a súa tipoloxía, aínda que só porcentualmente. As relacionadas con ocupacións ilegais quedaron nun 3,2%