Casas sen xente: a porcentaxe de vivendas nas que non reside ninguén chega ata o 40% no centro das cidades galegas
Hai 90.929 vivendas baleiras nas sete cidades galegas, encabezadas polas máis de 20 mil de Vigo e A Coruña, as case 15 mil de Ourense e as máis de 10 mil de Ferrol e Lugo, con preto de 6 mil en Santiago e Pontevedra. A elas pódense sumar varios miles máis cun uso "esporádico", sen residentes habituais