- Reportaxe Dereito á vivenda
- Acontece
Cooperativas de vivenda: construír un lugar no que vivir, non só un edificio
Falamos con Roi Zas da coruñesa Outra Forma de Vivenda, e con Carmela Cons da compostelá Alvariza, sobre os seus modelos de vivenda colaborativa en cesión de uso, nos que un grupo de persoas se xuntan para formar unha comunidade e tomar decisións sobre o proxecto construtivo que finalmente habitarán. Despois de anos de traballo ambas as dúas cooperativas están preto de comezar a edificar os inmobles.