As vivendas dispoñibles para alugar en Galicia limítanse a catro mil inmobles con prezos que non deixan de medrar
Nos últimos cinco anos o prezo dos alugueiros aumentou entre un 20% e un 40% no país, cun mercado limitado pola auxe dos pisos turísticos e a ausencia das necesarias reformas nas vivendas baleiras. Segundo FEGEIN o circuíto de comercialización limítase a 3.900 inmobles, máis da metade concentrados nas sete cidades