Galicia superou as 50.000 hectáreas ardidas en 2022, a metade nos dous grandes incendios do Courel e Valdeorras
Case o 60% da superficie ardida en Galicia na última década estivo afectada por grandes incendios forestais, os que superan as 500 hectáreas. Os datos do Pladiga 2023 amosan que o ano pasado a superficie ardida aumentou máis dun 1.700% mentres que o número de focos foi un 80% superior ao de 2021