Sexto incendio en Ponteceso en tres días: cortes de luz, desaloxos e "desesperación" en Corme
Outro fogo no municipio, desta vez en Corme Aldea, obrigou a desaloxar veciñanza e cortar estradas tras cercar varias localidades. Xunta e habitantes dan por feita a intencionalidade dos últimos focos, avivados polo forte nordés. En Camariñas, o lume ameazou tamén varias casas en Xaviña, e no Courel queimou 90 hectáreas na Fonsagrada.