Incendios
Xa son 92.000 as hectáreas queimadas no que vai de verán, 79.000 en incendios aínda activos
A situación mellora no interior pero este xoves apareceron novos incendios nas Rías Baixas
A Chandrexa queimada: "Agora a Rede Natura acabouse"
"Chegounos o lume á porta da casa", conta María desde a aldea de Taboazas, onde lograron salvar as vivendas e puxeron a salvo á xente maior. Non tiveron tanta fortuna na aldea de Parafita, desde a que Carlos, gandeiro, explica como se lle queimaron as terras e mais o gando cun lume feroz que non vira na vida: "Perdémolo todo"
Milleiros de persoas protestan en Galicia pola xestión da Xunta nos incendios
Unhas trinta localidades acolleron mobilizacións que denunciaron a precariedade do persoal de extinción e reclamaron un servizo público e permanente, ademais de criticar a política forestal do PP.
O Colexio de Xornalistas, BNG e PSdeG piden á Xunta máis transparencia cos incendios
O colexio profesional lembra tamén "a especial responsabilidade dos medios públicos galegos como fonte informativa de referencia nunha crise destas características"
O fume dos incendios aumenta os ingresos e a mortalidade incluso a centos de quilómetros do lume
O investigador Julio Díaz explica que o dano da contaminación afecta gravemente ao sistema circulatorio e pulmonar
A Xunta dispara a máis de 90.000 as hectáreas queimadas no que vai de mes, case todas en incendios activos
Tras recalcular a Xunta as súas propias cifras, os incendios hai tempo que superaron os rexistros de 2017 e 2022 e achéganse ás 96.000 hectáreas de 2006, que estarían amplamente superadas segundo os datos de satélite. Dous fogos en Vilaboa e Oia obrigan a declarar a Situación 2 pola proximidade a núcleos de poboación.
A Xunta retirou bombeiros de Ourense mentres pedía máis medios ao Estado
O Goberno galego reactiva os efectivos dos consorcios provinciais que ordenou desmobilizar o martes a última hora e logo de que moitos deles pasasen horas nalgún parque "sen facer nada de nada" á espera de indicacións.
O descenso térmico detén o avance do lume, sen controlar aínda nos grandes incendios
O último parte da Xunta indica que a superficie afectada apenas avanzou de madrugada. O fogo entra en Trevinca e a Consellería do Medio Rural admite que afecta Casaio tras días sen facer referencia a este foco.
A mellora da meteoroloxía reduce o risco de novos lumes pero a chuvia xeneralizada non chegará ata a vindeira semana
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar maiores precipitacións e baixadas de temperaturas a partir do luns que as rexistradas estes martes e mércores
"Deixáronnos sós": a loita veciñal contra o lume que arrasa aldeas
As lapas destruíron por completo San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, no mesmo día no que a veciñanza do Canizo, na Gudiña, salvou por pouco as súas casas. Magdalena e Raquel, veciñas, relatan a batalla do pobo en solitario contra incendios "nunca vistos" e o "inferno" no que se converteron dous núcleos aos que non chegaron medios: "Non veu ninguén".
🔴Sete grandes incendios seguen sen control tras arrasar 68.000 hectáreas
Os tres maiores fogos desta vaga son xa os maiores da historia de Galicia e o de Larouco xa supera as 20.000 hectáreas queimadas.