O PPdeG eloxia "o liderado eficaz" de Rueda co lume e rexeita "o uso partidista dunha catástrofe"
"En Galicia a axuda, antes de que a pidan, xa está en camiño", asegura o portavoz do grupo parlamentario popular, Alberto Pazos
"En Galicia a axuda, antes de que a pidan, xa está en camiño", asegura o portavoz do grupo parlamentario popular, Alberto Pazos
Só catro incendios —os iniciados en Chandrexa de Queixa, Larouco, Oímbra e A Mezquita— queimaron en Galicia a mesma superficie que en 2006 arrasaron arredor de 2.000 fogos. Son moitos menos incendios pero moito peores: máis perigosos, virulentos, voraces, veloces e incontrolables en moitos casos.
O incendio de Trevinca leva 4.700 hectáreas, pero a Xunta xa considera estabilizados os catro que superan amplamente esa superficie
Desde hai tempo, sobre todo tras vaga de 2017, expertos e administracións alertan do grave risco de incendios inabarcables, cada vez máis perigosos e voraces e con graves consecuencias agudizadas polo cambio climático. Numerosos informes advertiron en detalle dos tráxicos efectos e dun tipo de fogos que acabaron por arrasar a provincia de Ourense este verán.
O líder estatal do PP aposta por "incentivar a xestión forestal" ou "dignificar o labor dos profesionais que traballan no monte", eidos nos que os seus gobernos na Xunta recibiron reiteradas críticas e condenas
O BNG, que xa gastou a única posibilidade da lexislatura de forzar en solitario unha investigación parlamentaria, insiste na necesidade dunha análise política do ocorrido, e o PSdeG impulsará un foro para propoñer "políticas reais de prevención e investimento no rural"
As medicións por satélite ofrecen cifras moi superiores de superficie ardida que os datos que divulga a Xunta, que xa só considera activos tres incendios, entre eles o do Macizo Central iniciado o 8 de agosto e o de Trevinca, que leva xa 4.400 hectáreas
Ángeles Vázquez non tivo axenda oficial entre o 9 e o 18 de agosto, período no que o seu departamento tardou 6 días en prohibir a caza en Ourense malia a crise incendiaria, e o seu primeiro anuncio ao respecto son "axudas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos"