Incendios
A Xunta interveu en 673 incendios en agosto e só comunicou medio cento
A conselleira do Medio Rural detalla que os medios de extinción tiveron que intervir en "673 incendios" no mes en que Galicia padeceu a peor vaga de lume en tres décadas. Mentres, o seu departamento só divulgaba 48 deles. Dende 2009, co retorno do PP, a Xunta rexistre unha información de incendios que divulgou completa durante o mandato de PSdeG e BNG
Galicia paga a factura climática pola seca no verán: 2.200 millóns de euros (sen contar os incendios)
Un estudo da universidade alemá de Mannheim cifra en 850 millóns de euros as perdas no país pola falta de chuvias só en 2025 e sinala España como o Estado que sufrirá máis en termos económicos as condicións meteorolóxicas extremas derivadas do cambio climático.
A chuvia que apagou os incendios non pode coa indignación: "Lumes nunca máis"
Santiago acolleu este domingo unha manifestación reclamando novas políticas forestais, agrarias e ambientais que eviten unha nova crise como a vivida en agosto fundamentalmente na provincia de Ourense
Ardeu o que sempre arde: o lume cebouse nalgunha das parroquias que máis debía vixiar a Xunta
Varias das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) establecidas pola Xunta figuran entre as que máis sufriron os incendios de agosto, como Requeixo (Chandrexa de Queixa), San Millao e Montes (Cualedro), Pentes, O Tameirón e A Gudiña (A Gudiña), O Pereiro e Santigoso (A Mezquita), A Granxa e Oímbra (Oímbra). As comarcas arrasadas polo lume este verán adoitan queimarse todos ou case todos os anos.
Retorno á zona cero dos incendios dende o ceo para non esquecer
O realizador chairego Daniel Canto retrata cun dos drons da súa produtora, Vagalume Audiovisual, a destrución causada polo lume o pasado agosto en varias das localidades ourensás máis afectadas. "Os que nos dedicamos a isto temos a responsabilidade de amosar o que pasa en realidade", explica Canto, especialmente impresionado polo visto na "arrasada" aldea de San Vicente de Leira
Valdeorras clama contra o abandono e por medidas contra o lume: "O rural merece máis"
Unha mobilización reúne máis dun milleiro de persoas que amosan a "indignación" dunha comarca "cansa e queimada" tras a vaga de incendios: "Non queremos máis desculpas. Queremos un futuro verde, con vida, con esperanza".
O gasto en ordenación forestal da Xunta leva anos estancado fronte a prevención e loita contra o lume
O plan forestal aprobado tras os incendios de 1989 buscaba "a estruturación e capitalización dos espazos forestais" con máis cartos para ordenación, pero ese programa orzamentario leva anos por baixo dos 90 millóns, a metade que a loita contra o lume
A Xunta centra a estratexia contra o lume na UME que o PP rexeitaba e nunha base que Rajoy negou
A sede permanente da Unidade Militar de Emerxencias que reclama Rueda para Galicia foi rexeitada polo goberno do PP en 2018. Os populares criticaran con dureza a creación deste corpo por parte de Zapatero hai vinte anos.
O PP chama "femia alfa de hienas" e "cabecilla de voitres" a Pontón e Besteiro por pediren a dimisión de Rueda
Nacionalistas e socialistas pediron á Xunta que mude as políticas forestais mentres que os populares gaban o liderado de Rueda
Rueda rescata a proposta dunha base da UME en Galicia e propón máis queimas preventivas
O presidente eleva agora a 120.000 hectáreas o ardido e propón que a Xunta asuma a limpeza de franxas de protección fronte ao lume en concellos pequenos
Os bombeiros forestais, protagonistas de 'La Revuelta' que reivindicou investimento no rural e "condicións dignas"
Catro integrantes da BRIF de Laza, presentados como "quizais as persoas máis importantes a día de hoxe en España" explicaron en que consiste o seu traballo ou como se usa un batelume. Ademais, alertaron da crecente "virulencia" dos incendios debido ao "abandono" do rural.