Un avión e dous helicópteros contra incendios, ao bordo do choque pola descoordinación de subcontratas da Xunta e do Estado
A investigación oficial sobre o ocorrido en Lobeira en 2022 conclúe que "a causa do incidente foi a deficiente coordinación" e xestión das mensaxes dos pilotos de catro aeronaves de tres empresas distintas "que resultou en dúas perdas de separación en voo consecutivas".