A ARMH homenaxea o nicrariense Avelino García, preso no campo nazi de Mauthausen
Co acto deste venres en Negreira a entidade quere recoñecer os moitos "heroes galegos descoñecidos" que pasaron polos campos de concentración alemáns, con traxectorias vitais semellantes ás do homenaxeado, que morreu en Francia en 2016