Reclamar “o roubado” por Franco non é delito de odio: A Audiencia rexeita a acusación da familia pola ocupación da Casa Cornide
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
Este 14 de abril celébrase un novo aniversario republicano marcado desta volta polo confinamento, pero conmemórase tamén os dez anos desta causa penal, que vai gañando testemuños e denuncias e que conta con apoios coma o da Deputación de Pontevedra. Colectivos galegos únense á celebración
Marco Antonio Santos asinou o manifesto demócrata que respondeu a outro manifesto en defensa de Franco impulsado por centos de militares. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica destaca que Santos é "un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia"
Todos os grupos políticos do pleno municipal aprobaron unha declaración que recoñece ás veciñas que "teceron unha rede solidaria" que "aliviaba o sufrimento de aqueles defensores do goberno constitucional, inxustamente encarcerados"
Os herdeiros do ditador achegan á causa xudicial xustificantes de pagamento dun seguro e diversos impostos para argumentaren que o Pazo de Meirás era propiedade do xeneral golpista e non público, segundo revela a Cadena SER
A vista previa remata sen acordo entre a familia do ditador e a Avogacía do Estado, que reclama a recuperación para o patrimonio público das Torres.
As denuncias, nas que colabora a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, serán formalizadas o vindeiro 27 de xaneiro, coincidindo co Día Internacional das Vítimas do Holocausto. A ARMH lembra a responsabilidade da ditadura franquista no envío dos prisioneiros aos campos de exterminio.
O xuíz desestima o recurso presentado polo Concello contra a sentenza emitida en febreiro por un tribunal de primeira instancia. O novo ditame deixa claro que as estatuas son de propiedade municipal, pero sinala que non queda suficientemente acreditado que sexan as mesmas que están en poder dos herdeiros do ditador.
Faleceu en Sandiás con 86 anos. Con só 15 botouse ao monte e participou nas accións armadas do maquis, sendo encarcerado un ano despois. Nos anos 60 e 70 participou na reconstrución do Partido Comunista en Galicia e das Comisións Campesiñas, sendo detido e torturado novamente.
Vítimas galegas relatan a represión, o espolio e a dor provocada pola ditadura convidados polo Grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, que chama a “europeizar as políticas españolas memorialísticas” e advirte de que Europa terá “algo que dicir”
O Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo organiza este 20 de novembro en Bruxelas un acto con testemuños de investigadores e vítimas galegas da ditadura.