O PSdeG pídelle a Feijoo que aclare se vai haber un "despido colectivo de empregados públicos"
O deputado Lage Tuñas vén de presentar no Parlamento unha interpelación urxente ao Goberno galego para coñecer se se están a preparar medidas laborais no emprego público "ao fío do inminente Real Decreto do Goberno Rajoy”.