Palestina
Nova mobilización galega por Palestina e contra o silencio: "O xenocidio continúa"
A asociación Galiza por Palestina e a plataforma Galiza pola paz denuncian cunha manifestación en Sanitago a "paz de mentira" en Gaza, onde continúa "a limpeza étnica contra o pobo palestino". Esixen un "alto o fogo real", a entrada "masiva" de axuda humanitaria en territorio gazatí e a ruptura de relacións e denuncia internacional ao Estado de Israel
Pardiñas lamenta os "actos violentos" que provocaron a cancelación dun concerto tras protestas propalestinas
A Asociación Cultural Xermolos, que reafirma o seu "compromiso inquebrantable" coa causa palestina, lamenta "asalto ao escenario" e o "lanzamento de obxectos" ao grupo Dobranotch, que obrigou a suspender a súa actuación. Lamenta a organización dun boicot á banda "sen un intento de diálogo previo".
O xigante militar israelí compite con outras dúas empresas polos chalecos antibalas da Xunta
A segunda sesión da mesa de contratación da Consellería de Presidencia encargada de mercar este equipamento para a unidade de Policía adscrita ao Goberno galego confirma que o "representante oficial en España dos principais fabricantes israelís de material policial e militar" cumpre os requisitos para seguir adiante no proceso
O grupo dos principais fabricantes militares israelís opta a fornecer chalecos antibalas á Xunta
Guardian Homeland Security, "representante oficial dos principais fabricantes israelís de material policial e militar", é unha das tres candidatas ao concurso da Consellería da Presidencia para mercar 250 chalecos da unidade de Policía adscrita ao Goberno galego. A compañía, "fundada por antigos membros dos servizos especiais de seguridade do Estado de Israel" e presidida por un tenente xeneral retirado, presenta como valor dos seus produtos seren usados polo exército hebreo e logrou diversos contratos co Estado e múltiplos concellos, varios galegos
O odio antiárabe con ministerio e orzamento
David Alvarado
Os galegos detidos por Israel, deportados tras seren humillados por un ministro
Os 44 españois secuestrados por Israel foron trasladados a un aeroporto para viaxar primeiro a Turquía. A súa liberación chega no medio do escándalo internacional provocado polo vídeo publicado polo ministro Itamar Ben Gvir no que se observan os malos tratos sufridos polos máis de 400 detidos.
Reclaman a liberación dos seis tripulantes galegos da Flotilla detidos ilegalmente por Israel
Os detidos son Duarte Ferrín, Benito González, Xurxo Porritt, Andrea Morales, Ana Fuentes e Alberte Pagán. Pola contra, Sandra Garrido a estas horas continúa a bordo dun dos dez barcos que seguen a navegar rumbo a Gaza. Este martes están convocadas concentracións en varias cidades e vilas galegas
A Flotilla a Gaza, interceptada de novo por Israel en augas internacionais
O exército israelí capturou na mañá deste luns cando menos unha ducia de barcos, entre eles o Holy Blue, cun tripulante galego, secuestrado polos militares. A abordaxe produciuse a 250 millas da costa de Gaza e polo tanto en augas internacionais, nunha zona de rescate correspodente a Chipre.
Unha Flotilla "reforzada" parte de Turquía cara a Gaza "atenta" ante posibles ataques de Israel
15 días despois de ser interceptada en augas internacionais por militares israelís, partiu de novo dende Marmaris (Turquía) co obxectivo de rachar o bloqueo que sofre a poboación palestina. Na misión viaxan oito activistas de Galicia, coa incorporación dunha sanitaria. A organización chama á sociedade galega a mobilizarse: "se atacan á flotilla, atoparán unha onda de resistencia global"
A 'Flotilla' a Gaza, interceptada por Israel en augas internacionais
Os buques foron interceptados a medio camiño de Italia e de Grecia por lanchas militares rápidas e "forzas que se identificaron como israelís". A cifra provisional eleva a 21 o número de buques "interceptados" e sinálase que 30 persoas con pasaporte español foron "secuestradas por Israel". Cando menos sete galegas e galegos participan na Flotilla.
Hai guerra em Irão, mas respiremos, já temos Junta de Paz para Gaza
Bieito Lorenzo Penela