O PPdeG garda un minuto de silencio polo "xenocidio" en Gaza silenciando a palabra "xenocidio"
O presidente do Parlamento rexeita ler a formulación do PSdeG que condena o "xenocidio" do pobo palestino e Rueda di que finalmente aceptou ese texto para "evitar politizar" o asunto. Besteiro lamenta que o PP "non está convencido, nin dixo a palabra xenocidio" e Pontón amosa a súa "perplexidade" polo "papel bochornoso" dos populares: "A historia xulgaraos"