Pardiñas lamenta os "actos violentos" que provocaron a cancelación dun concerto tras protestas propalestinas
A Asociación Cultural Xermolos, que reafirma o seu "compromiso inquebrantable" coa causa palestina, lamenta "asalto ao escenario" e o "lanzamento de obxectos" ao grupo Dobranotch, que obrigou a suspender a súa actuación. Lamenta a organización dun boicot á banda "sen un intento de diálogo previo".