A Xunta di agora que recibiu o embaixador israelí para "avogar por solucións ao drama" en Gaza
En maio o director de Exteriores e a vicepresidenta do Parlamento celebraron encontros co representante diplomático israelí sen incluíreno nas axendas públicas. "Son conscientes do xenocidio que está a cometer o estado de Israel contra o pobo palestino?", pregunta o BNG ao Goberno galego, que afirma agora que na reunión "transmitiu o rexeitamento ao estado da situación humanitaria que se vive en Gaza"