Parto acompañada e sen separación do bebé malia a cesárea: a loita das nais xa fai mudar os protocolos no Sergas
A "presión social" leva varias áreas sanitarias a mudar a forma de atender os nacementos logo de múltiples queixas de mulleres que cambian de hospital para evitar ser separadas do seu fillo tras unha cesárea, incumprindo as recomendacións de organizacións médicas e da propia Consellería de Sanidade.