Citas dentro de 12 días para o médico de familia en Baiona por non substituíren persoal ausente
O Sergas acusou de alarmista ao alcalde, do PSOE, cando denunciou hai unha semana que as consultas demoraban dez días, pero agora tardan aínda máis
O Sergas acusou de alarmista ao alcalde, do PSOE, cando denunciou hai unha semana que as consultas demoraban dez días, pero agora tardan aínda máis
A entidade cualifica de "inaceptable" a resposta de Sanidade en televisión ás queixas dunha profesional por "menoscabar o seu dereito á intimidade" e "ratifica" todas as súas críticas sobre a contratación precaria e fraudulenta.
Sanidade responde con acusacións persoais a unha traballadora que denunciou nun programa a precariedade do seu colectivo. Eventuais en Loita considera "lamentable atacar persoalmente a quen se atreve a dar a cara".
O alumnado, que leva a cabo un peche no edificio, denuncia que os "defectos" do plan de estudos levan a moitas persoas "a considerar o abandono da carreira". Critican a excesiva carga horaria, eivas nas materias prácticas e "actitudes despectivas" cara ao estudantado
Sanidade gábase dos 1.300 millóns, aínda un 10% menos que en 2009, que supón un 32% do presuposto sanitario segundo a Consellería, unha porcentaxe que a a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública reduce ao 13%
O líder do PSdeG subliña que, especialmente dende a reforma sanitaria, a veciñanza da Mariña "sabe que para as operacións máis complexas e para ter todas as prestacións sanitarias ten que desprazarse a outras zonas". Nunha visita preelectoral á comarca insta a contrastar os "38 millóns de euros" do Goberno de España a Alcoa coa "campaña de demagoxia e falsidade continua" que atribúe a Feijóo
A "atención a pacientes en lista de espera" da área de Vigo foi incluída como parte da mellora do concerto de Povisa a finais de 2018, pero o acordo, de ata 1 millón de euros, non se concretou ata agora, cadrando coa venda á filial española do grupo americano Centene. Sanidade resta importancia ao momento en que foi asinado.
Tras as novas concentracións ante os centros de saúde a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias (AAS) manifestouse este 26 de outubro en Santiago. Mentres, persoal do Sergas que traballa nas comisións impulsadas por Sanidade non cre que "sexa o momento" de mobilizacións por estaren "en plena negociación coa Xunta"
O presidente minimiza os acordos de PP e Vox criticando ao PSdeG que “gobernan con independentistas” e atribúa o crecemento dalgunhas industrias galegas ás súas políticas e a crise doutras ao Goberno central
Unha ambulancia do 061 tardou máis de tres cuartos de hora en asistir un home que acabaría falecendo en Dozón. O PP vetou a comparecencia do conselleiro solicitada pola oposición, que insiste na escaseza de medios
A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca unha gran manifestación para o vindeiro 26 de outubro e paros totais nos centros de saúde a finais de novembro mentres continúan as protestas en varias comarcas ou das enfermeiras eventuais