Baltar evita silenciar o conflito de Verín e lembra: “Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro”
O presidente do PP ourensán emite unha nota de prensa dicindo que a reapertura é unha “magnífica noticia, tal como defendeu a Deputación”
O presidente do PP ourensán emite unha nota de prensa dicindo que a reapertura é unha “magnífica noticia, tal como defendeu a Deputación”
O Sergas asegura que a próxima semana formalizará os contratos de dous pediatras e prepara “un protocolo” co que poder retomar os partos “nos primeiros días de febreiro”
A demora media das operacións cirúrxicas descendeu 23,2 días no CHUVI e 16,6 días en Povisa, o que fai descender a media galega ata 54,5 días aínda que nas demais áreas sanitarias do país aumentase entre 1,2 e 9,9 días con relación ao semestre anterior
O presidente da Xunta di ser "optimista" de cara á contratación de pediatras que permita recuperar a atención aos partos ao tempo que o seu partido vota en contra dunha proposición para "rectificar" aquela decisión que foi apoiada por toda a oposición.
José María Lago foi un dos rexedores que se opuxo á supresión da atención aos partos e cre que o último nacemento demostra que é "urxente" recuperar os servizos do centro verinense e mesmo amplialos.
A nova xerente do hospital confirmou a intención do Goberno galego de reactivar a atención aos partos logo de varias semanas onde Sergas, Sanidade ou Feijóo deron diferentes xustificacións para unha decisión que agora aspiran a corrixir.
Unha concelleira dos populares na Gudiña ten a súa filla no hospital verinense, o terceiro nacemento desde que o Sergas suprimiu a atención aos partos entre o forte rexeitamento cidadá.
"Xamais me atrevería a dicir semellante cousa", di Guillermina Agulla sobre a suposta perda de habilidade dos profesionais. A nova directora do distrito confirma a marcha atrás de Sanidade e a intención de recuperar axiña a atención aos partos.
A nova directora do distrito sanitario entrevístase xa con candidatos tras quedar vacantes as dúas prazas da última convocatoria. Sanidade asume que intentará recuperar a atención aos partos o máis axiña posible logo de xustificar o peche na "falta de pericia" polo baixo número de nacementos.
Guillermina Agulla dirixiu o centro en dúas etapas, a última delas ata que se xubilou en xaneiro de 2017, e regresa agora en substitución de Miguel Abad, que dimitiu en medio da polémica pola supresión da atención aos partos.
Ao igual que no pasado mes de xuño, ningún profesional se presenta á convocatoria aberta polo Sergas para cubrir dous postos de pediatra cos que Feijóo asegurou que reabriría o servizo de atención ao parto.
O equipo de xinecoloxía negouse ao traslado da nai a Ourense ante a inminencia dun parto sen complicacións pero sen a pediatra, que chegou 40 minutos despois. A familia negouse a que a pequena viaxase despois ao CHUO e tivo que asinar un documento que exonerase os facultativos de calquera responsabilidade.