Fiscalía e afectados recorren o arquivo da causa sobre a hepatite C: "Estamos na instrución e hai indicios dabondo"
O Ministerio Fiscal e a plataforma entenden que o xuíz pechou a causa malia haber "indicios suficientes" de posibles delitos, que é o que se busca na fase de instrución, e tras cometer "erros técnicos" no auto.