A folga na Atención Primaria tivo un seguimento maioritario, que a Xunta reduce ata o 21%
As Asembleas de Áreas Sanitarias estiman unha participación superior ao 50% en todas as comarcas, que roldaría o 90% nas de Vigo e A Coruña. A protesta reclamou melloras laborais, máis financiamento, máis persoal e incremento na capacidade de decisión da Atención Primaria.