
En Marea, PSdeG e BNG levan ao Parlamento os afectados polos recortes sanitarios que vetou o PP
Os grupos da oposición organizan conxuntamente comparecencias alternativas de persoas e colectivos vetados polo PP na comisión de investigación sobre a sanidade pública. O voceiro da familia do falecido no PAC da Estrada sen atención médica inaugurará estas sesións.