"Os cartos son benvidos e a Xunta véndeo ben, pero os fondos para equipar centros de saúde eran case nulos"
Os xefes de servizo da área de Vigo volveron abandonar a reunión co Sergas ao non aceptar os directivos da xerencia como interlocutores. Falamos cun deles sobre o anuncio do novo plan de necesidades para Atención Primaria e sobre o modelo impulsado pola Consellería.