Feijóo defende gastar 500.000 € en letreiros de hospitais porque custa máis o soldo de alcaldes que "menten"
A bronca política a propósito do sistema sanitario promete non ter fin. Durante a sesión parlamentaria deste mércores Feijóo afirmou que "é moito máis barato poñer os letreiros dos hospitais públicos que pagarlles o soldo aos concelleiros, os deputados e os alcaldes que menten sobre a sanidade pública". O presidente segue sen crer a convocatoria de folga na atención primaria, prevista do 9 ao 11 de abril.