Os colexios médicos apoian as dimisións nos centros de saúde de Vigo e instan a Xunta a actuar xa
O Consello Galego advirte de "serios problemas" tamén nos hospitais, que poden acabar en "conflitos semellantes" aos da Atención Primaria, onde lembran que levan anos reclamando mudanzas para "reverter a situación" de "sobrecarga", escaso financiamento ou mala xestión