A Xunta busca aplacar con promesas o malestar sanitario de Vigo no inicio da epidemia de gripe
Vázquez Almuíña comprometeuse ante unha representación dos 25 xefes de servizo dimitidos a atender parte das súas demandas para evitar a sobrecarga de traballo e as situacións de saturación. Os sindicatos evitan valorar as propostas ata coñecelas con detalle.