O Sergas afronta unha nova folga en abril: os servizos de limpeza dos hospitais
O persoal de limpeza dos hospitais públicos está chamado á folga xeral indefinida dende o día 10 despois de que varias das empresas concesionarias comunicasen a súa negativa a pagar a equiparación salarial co Sergas. Esta convocatoria vén sumarse á dos profesionais da Atención Primaria do 9 ao 11 de abril