
Recuperación tras a COVID
Dous anos do rescate a empresas estratéxicas: dos 35 millóns a Losán e Ferroatlántica aos 241 de Hotusa, que xa devolveu 80
Para paliar os efectos da pandemia o Estado prestou máis de 3.200 millóns de euros ata o 30 de xuño de 2022, dos que xa recuperou 461
Anatomía dos fondos Next en Galicia: 1.545 millóns, a metade xa asignados e o 76% para empresas
Contando as convocatorias xestionadas dende o Goberno de España, os fondos Next Generation chegados a Galicia ascenden ata case 3.300 millóns. Euskadi é a autonomía que máis fondos adxudicou dentro do total asignado e Galicia, a que máis distribuíu dos que xa convocou. Os regadíos da Limia ou iniciativas en materia enerxética, entre os "proxectos emblemáticos" galegos que destaca o Estado
O Porto da Coruña e o Concello de Vigo, os que máis fondos Next Generation recibiron en Galicia
A Autoridade Portuaria coruñesa é a sétima entidade que máis fondos comunitarios de recuperación recibiu no Estado, cuns 107 millóns, segundo a lista dos 100 maiores perceptores publicada polo Goberno central. Os municipios de Vigo, Ourense e A Coruña aparecen tamén na listaxe, na que se exclúen as comunidades autónomas.
Contas reclama "transparencia" e "control público" na empresa da Xunta e Abanca para captar fondos europeos
A Xunta alegou que a Intervención Xeral xa "desenvolve control financeiro" sobre Impulsa Galicia e outras sociedades, pero Contas discorda: pídelle medidas de "control, supervisión pública e rendición de contas" e "non foron tomadas"
- Interactivo Recuperación tras a COVID
- Política
Política social, turismo, sanidade: radiografía de mil millóns de fondos europeos transferidos polo Estado á Xunta
O informe do Consello de Contas que detecta eivas de transparencia na xestión dos fondos europeos de recuperación que recibe a Xunta permite obter unha radiografía dos destinos asignados a eses cartos ata febreiro de 2022
A Xunta non levanta actas da comisión que supervisa os fondos de recuperación da UE
O Consello de Contas censura as dificultades para fiscalizar como está a controlar a Xunta a execución dos cartos europeos e o Goberno galego culpa ao de España de mala planificación
A resaca da pandemia
Xesús VeigaO Parlamento Europeo inicia en Galicia a presentación dos fondos de recuperación que apostan polas renovables para fixar industria
A oficina do Parlamento Europeo en España inicia en Vigo as xornadas sobre os fondos NextGenerationEU. O eurodeputado socialista Nicolás García Casares, membro da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía, pide actuar coas renovables sen "canibalizar" o territorio e apunta á gran marxe de crecemento da enerxía solar
Galicia recibiu en 2021 o 6% dos fondos europeos de recuperación distribuídos polo Estado, a sexta maior porcentaxe
O Ministerio de Facenda publica os criterios que rexeron as distribucións de fondos europeos de recuperación durante 2021, que segundo a dirección central do PP e dirixentes territoriais do partido como Feijóo responden a motivacións partidarias do PSOE e UP
A recuperación do emprego en Galicia non chega á mocidade nin ás persoas paradas de longa duración
A pesar da mellora xeral dos datos que se produciu no ano 2021, o número de galegos e galegas que leva máis 12 meses sen atopar un emprego pasou de 49.900 a 59.000. A taxa de paro nos menores de 30 anos medrou varios puntos dende o 2019.
Os 10.000 empregos que gañou Galicia durante 2021 mantéñena á cola do Estado na recuperación do mercado laboral
Galicia rematou 2021 con 10.400 persoas máis traballando e 7.000 menos no paro que un ano antes e as taxas de paro e emprego xa son practicamente idénticas ás previas da pandemia. Non obstante, a media estatal de incremento do emprego cuadriplica amplamente a mellora galega e a redución do paro é máis de tres veces superior á rexistrada en Galicia