
A Xunta ten que devolver ao Estado 70 millóns non gastados do plan de rescate a empresas e autónomos
A achega estatal ao plan foi, no caso galego, de 234 millóns de euros. No anterior plan asignáranse 100 millóns e agora, uns 66. O Goberno galego defende que se "quedaron sen executar o 30%" dos fondos transferidos polo Estado para o plan de rescate foi porque viñan con requisitos "difíciles de cumprir"