Rescatar a AP-9 custaría 904 millóns e aforraría 953: os resultados do estudo encargado polo BNG
O Goberno de España, con Rajoy e na actualidade, cifrara en arredor e 4.000 millóns o rescate e un informe contratado pola Xunta situouno recentemente na contorna dos 2.000. O traballo para o Bloque subliña que non cumpriría compensar a Audasa con indemnización ningunha polo que deixaría de gañar ao estar beneficiándose dun contrato "ilegal" pola prórroga de Aznar ata 2048, en liña do sostido pola Comisión Europea