Unha vintena de concentracións reclaman unha "moratoria eólica real e efectiva"
A plataforma 'Eólica así non' sinala, no marco das súas mobilizacións no Día Mundial das Montañas, que o seu obxectivo é que se "deseñe, de forma participativa, outra planificación eólica máis xusta coa sociedade, o noso rural e a contorna ambiental" e que non deixe o desenvolvemento eólico "nas mans do oligopolio eléctrico".