Unha vítima ao día nos centros de crise de violencia sexual en Galicia
Tras un ano de silencio a Xunta revela ao Parlamento as primeiras cifras, incompletas, sobre o funcionamento dos cinco centros impulsados polo Estado cuxa xestión o Goberno galego privatizou
- Entrevista | Diego Martín (Semaf) Angrois: traxedia en Compostela
- Política
"Non queremos que as melloras tras Adamuz queden durmidas por interese político como en Angrois"
O secretario xeral do Sindicato de Maquinistas (Semaf) analiza a sentenza do accidente de Angrois, que acata pero non comparte, e os sinistros de Adamuz e Rodalies e asegura que o tren é seguro ou non se porían en risco eles mesmos
A Xunta acouta o material escolar ou deportivo que se pode desgravar na declaración da renda
Permite roupa ou calzado deportivo para Educación Física, mochilas ou libros de lectura establecidos polo centro pero non uniformes nin "material de carácter recreativo"
O Estado retira a Stellantis unha axuda de 20,7 millóns que para a UE non contribuía a desenvolver Galicia
A axuda á fabrica viguesa foi outorgada en 2017 sen "ningunha obriga de novos postos de traballo" e a Comisión Europea abriu unha investigación en 2019 sen que España puidese xustificar ata agora a legalidade
O Defensor del Pueblo pide aos gobernos xestionar mellor o lobo en lugar de matalo
Considera que a especie cumpre "unha función insubstituíble" e lembra que "da saúde dos ecosistemas" depende "a vida na Terra, tamén a dos seres humanos e a cabana gandeira"
A patronal impón á Xunta que a conciliación non conte para ampliar a depuradora de Vilagarcía
A Confederación Nacional da Construción considerou excesivo que o concurso puntuase cun 10% as melloras sociais ofertadas polas empresas, en liña coa Lei de Impulso Demográfico de Galicia, e finalmente desaparecen por completo do contrato
Rueda anuncia unha nova vacina e 150 millóns contra a crise ante as críticas de Pontón e Besteiro pola súa inacción
O presidente avanza que o Sergas vacinará aos 12 anos contra o meningococo B e asegura que aprobará medidas económicas o vindeiro luns, dez días despois do Goberno de España
O xuíz Villares, afastado á forza da sección do TSXG que sentencia sobre eólicos e contratos da Xunta
A nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo xustifica o traslado citando as sentenzas do Supremo que anularon ditames que, participados por Villares, obrigaban a concesionaria do hospital de Vigo a pagar o IBI ao Concello
A Xunta autoriza 400 'chiringuitos' na costa ata o 31 de outubro
No primeiro ano con competencias sobre o litoral o Goberno galego facilita que os establecementos poidan abrir ata sete meses e subvenciónaos cun millón de euros para que sexan máis sustentables e homoxéneos
Rueda anuncia 42 novas brigadas contra incendios pero espera que as poñan os concellos
Este será o primeiro ano no que o persoal fixo descontinuo traballará 9 meses, pero reclama facelo todo o ano
O pacto oculto con Altri provoca un cisma inédito en 10 anos de historia da Comisión da Transparencia
Os representantes dos consellos de Contas e Consultivo discrepan sobre como a Xunta argumenta que non coñece o acordo para así denegarllo a Praza.gal, cuxos dereitos ven vulnerados
Rueda quéixase por deixar de ingresar 120 millóns coa rebaixa de impostos aprobada por Sánchez
Tras semanas de críticas do PP ao Goberno de España por "forrarse" co IVE dos combustibles, a metade do cal vai ás comunidades, agora a Xunta lamenta as medidas estatais contra a crise por reducir eses ingresos e non propón aínda outras alternativas