Estado, Xunta e partidos coinciden en preitear para reducir a indemnización aos Franco por Meirás
Os herdeiros cifraran en 800.000 euros o que lles custou manter o pazo pero o ministro Torres, o presidente Rueda e a nacionalista Pontón queren seguir loitando contra esa factura no proceso de execución da sentenza
"Non parece razoable alegar falta de medios": condena do Sergas por un home que perdeu a vista dun ollo
O TSXG avala un xuíz que reprochou "que un cidadán que vive nunha contorna rural poida terminar resultando de menor dereito que outro que o fai nunha cidade" logo de analizar unha incorrecta atención no PAC do Barco de Valdeorras
"Usurpáronlle o posto por animadversión persoal": o Sergas é condenado por afastar un xefe de servizo
Un xulgado considera que o cesamento debeuse a un "funcionamento anormal moi grave, groseiro, intolerable" e que a actuación da Xunta "non foi razoada nin razoable"
Cobrar IMV ou Risga de máis e non ter que devolver por erro de Estado ou Xunta: cando a xustiza protexe o vulnerable
O TSXG aplica doutrina do Tribunal de Dereitos Humanos que exime de devolver prestacións pagadas indebidamente polo Estado ou a Xunta cando o perceptor actuou de boa fe, mesmo avisando, e presenta vulnerabilidade económica
Rueda recupera a ETA contra Pontón, que lle lembra proxectos industriais fracasados máis alá de Altri
Besteiro defende o 'non á guerra' e o presidente dille que está de acordo pero pide respectar "os compromisos internacionais"
O Estado tenta corrixir de novo a reforma de Costas de Rajoy que facilitou a prórroga a Ence
Sánchez fixo máis restritivos a lei e o regulamento de costas, pero mentres a primeira reforma foi avalada polo Constitucional, o Supremo anulou por defecto de forma a segunda, que agora volve ser tramitada
O Defensor del Pueblo pide á Xunta indemnizar a familias de dependentes mortos antes de cobrar a axuda
Cando o solicitante falece Política Social arquiva os casos sen recoñecer o dereito das familias a cobrar polo tempo que demorou o trámite, procedemento que o Defensor del Pueblo pide corrixir
Rueda pide "antecedentes de imparcialidade" para apoiar o adxunto á Valedora que propoña o BNG
O presidente rexeita o profesor de dereito Fernando de Abel Vilela e apela ao "consenso" logo de que o BNG xa apoiase a súa proposta de continuidade de Dolores Fernández Galiño como Valedora
Rueda, sobre Irán e Estados Unidos: "As dúas partes teñen moitas cousas malas"
O presidente deixa no aire apoiar unha declaración institucional con BNG e PSdeG porque "non á guerra dicímolo todos" e nega que o PP faga "seguidismo" de Trump
15 anos para multar tres empresas pola caída dun guindastre que matou un obreiro en Langosteira
O proceso penal rematou en 2019 coa condena de dous traballadores, pero a sanción económica ás empresas implicadas por incumprir riscos laborais chega aínda agora
Condenada a CRTVG por represaliar unha traballadora que participa en Defende a Galega
A muller foi cambiada de posto e o tribunal di que a dirección dos medios públicos "non aporta unha xustificación obxectiva e razoable que desvincule o cese dos indicios de represalia"
A Xunta aínda non sabe que facer con Galicia Calidade no turismo
O Goberno galego encarga a unha consultora que lle diga como reestruturar a empresa pública un ano despois de estender ao turismo o uso dunha marca creada en 1990 para produtos e coa que o Goberno de Rueda gaba tamén a súa propia acción política