A Xunta aínda non sabe que facer con Galicia Calidade no turismo
O Goberno galego encarga a unha consultora que lle diga como reestruturar a empresa pública un ano despois de estender ao turismo o uso dunha marca creada en 1990 para produtos e coa que o Goberno de Rueda gaba tamén a súa propia acción política
Conferencias de "sensibilización": a resposta da Armada ás catro agresións sexuais na escola de Ferrol
Tras desvelar Praza.gal a reiteración de condenas por agresións sexuais, o Ministerio de Defensa responde no Congreso, a preguntas de Sumar, que entre 2021 e 2025 impartiu 21 conferencias a 3.400 asistentes
Madrid e Lisboa priorizan a colaboración contra o cambio climático
Ante os incendios ou as borrascas o primeiro ministro conservador portugués di na XXXVI Cimeira Ibérica que "a seguridade climática non ten que ver coa dereita ou a esquerda senón con protexer a cidadanía"
Condenado un garda civil de Monforte por enviar mensaxes sexuais a unha subordinada
O Tribunal Militar da Coruña considérao culpable dun delito de abuso de autoridade na modalidade de acoso sexual e condénao a seis meses de cadea e suspensión de emprego
Ilunion, da ONCE, discriminou persoal con discapacidade que traballaba en estacións de Adif
A empresa, centro especial de emprego para persoas con discapacidade, despediu cando menos cinco traballadores con "inusual urxencia" logo de informes "contraditorios" sobre a súa aptitude, segundo reflicten varias condenas do TSXG
O PP racha o pacto co BNG e veta o profesor de dereito Fernando de Abel como adxunto á Valedora do Pobo
Tras aceptar en 2019 como adxunta a unha ex-deputada do PSdeG, os populares non consideran válido agora ao profesor de dereito administrativo proposto polos nacionalistas despois de que estes si apoiasen a renovación da Valedora
Rueda admite que coñeceu o pacto con Altri por "representantes da Xunta" tras dicir Industria que fora "negocio privado"
BNG e PSdeG pedirán unha investigación parlamentaria sobre o acordo secreto coa empresa e Rueda deixa ver que o PP a impedirá coa súa maioría absoluta
Da Pastoriza ao Supremo: o tribunal revisa como de xustas son as expropiacións para os eólicos
O alto tribunal avaliará se as expropiacións para parques eólicos deben indemnizar só polo uso previo do terreo ou tamén polo seu potencial alugueiro para instalar aeroxeradores se non se impuxese unha expropiación
"Unha guerra nunca é desexable", di Rueda, tras xustificala Feijóo para "liberar" as mulleres iranianas
Pontón nega que o ataque dos EUA e Israel a Irán "defenda nin a democracia nin ás mulleres, nin ningún tipo de avance social"": "Só buscan o control xeopolítico e dos recursos petroleiros"
A conselleira de Medio Ambiente gábase de repartir 2 millóns de euros en axudas "en 16 minutos"
Ángeles Vázquez volve eloxiar a entrega de cartos públicos non aos mellores proxectos ou ás familias máis necesitadas senón ás máis rápidas presentando as solicitudes
Fiscalía pide cadea para un empresario por falsificar que dera equipo de protección a un traballador falecido
Tras o accidente laboral mortal o empresario "guiado polo ánimo de exonerarse" presentou "documentación encamiñada a facer crer" que facilitara ao falecido formación de seguridade e equipos de protección
Condena á Seguridade Social por denegar o ingreso mínimo a un home que puxo como enderezo o albergue de Vigo
Veñen sendo reiteradas as sentenzas do TSXG contra o Estado polas súa estrita interpretación da normativa en relación co domicilio das persoas solicitantes da axuda de subsistencia